A historia de Bonni
"Bonni" é unha cadela mestiza (pénsase que ten cruce de border collie) que apareceu abandonada o 11 de outubro en Caldas de Reis.
Non tiña microchip, polo que o CAAN non poido identificala. Os veterinarios do centro calculan que ten un ano de idade e cando a atoparon presentaba bo estado de saúde.
Foi adoptada xa no mesmo mes de outubro, o día 31, por José Ramón Fernández Pérez, de Meaño. Na presentación da campaña non pudo acudir por motivos de traballo, pero estivo a súa irmá, Ana Fernández, que amais colabora coa Asociación Cadeliños de Barro, un dos colectivos que traballan con CAAN na súa labor de recollida de animais.