Adopción >> Historia Detalles

A historia de "Muñeca"

Muñeca

A imaxe do cartel da nova campaña é a de "Muñeca".  É unha setter que chegou ao centro a principios de setembro despois de ser abandonada en Ribadumia. Estaba identificada co microchip co seu dono en Lugo. Desde o CAAN, onde lle puxeron o nome de "Shily", intentouse localizar a este propietario. Primeiro se chegou a contactar telefonicamente, pero ao non vir a recoller a cadela e non ter máis resposta , se procedeu á notificación e ao anuncio no BOE e do Taboleiro de Anuncios do Concello de Lugo, cumprindo o a lei. Despois de que esta persoa seguise sen dar resposta, e esgotados estes trámites, se notificou ante o REGIAC (Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía) da Xunta a situación de abandono da cadela e a súa custodia por parte do CAAN, que enseguida o puxo en adopción.

Así, case dous meses despois, o pasado 29 de outubro foi adoptada por Pablo Gil , un veciño de Ourense, que recuperou para ela o nome de "Muñeca". Grazas a súa adopción, a cadela poido celebrar o seu 3º cumpreanos no seu novo fogar

O CAAN ten tramitada ante a Consellería de Medio Ambiente a correspondente denuncia por abandono contra o anterior dono, unha infracción que se considera grave na Lei de Benestar Animal e que pode carrearlle unha multa entre os 500 e os 5.000 euros. Esta é unha das 27 denuncias presentadas no que vai de ano por parte de CAAN por abandono e/ou maltrato, dun total de 232 expedientes de localización de propietarios.