Adopción >> Historia Detalles

A historia de Sura

Sura é unha mestiza dun ano que ten cruce de setter, que foi recollida polo persoal de CAAN tras ser abandonada en Sanxenxo en decembro de 2019.

Os seus novos donos ficaron con ela nada máis vela cando visitaron o CAAN durante as vacacións de Nadal coa idea de informarse sobre adopcións. "Nós pensabamos adoptar e mentres estivemos de vacacións na contorna nos falaron do centro –explica o adoptante, Roberto Seijo– E fomos coa idea máis que nada de informarnos para adoptar un cachorro. A verdade é que alí dan ganas de levarse a todos, pero a nós se nos cruzou a cariña de Sura. Estaba moi tranquiliña. E nos dixeron que había que esperar para adoptala unha semana, así que volvemos a Madrid sen ela. Logo, púxose mala cando tiñamos as maletas preparadas para vir outro fin de semana, así que tampouco puido ser. Pero por fin, a pasada fin de semana fomos a por ela e xa está en casa".