Areeiro

O té elabórase só con brotes e follas de Camellia sinensis

Hai outras infusións... mais non son té.

Todos os tipos de té se obteñen da mesma planta e se diferencian no proceso realizado a partir da colleita e do murchado das follas e dos gromos.

O cultivo e a elaboración de té, principalmente do té verde, é posible na provincia, e preséntase como unha excelente oportunidade nesta zona desde o punto de vista económico, medioambiental e demográfico, e mellora a biodiversidade e a renda das familias no ámbito rural.

Na Estación Fitopatolóxica Areeiro xa hai unha plantación experimental de té, iniciada no 2000 con clons producidos e seleccionados por nós, na que se analiza o comportamento e a adaptación desta especie, e se elixen os cultivares mellor adaptados ás nosas condicións para producir un té verde de moi alta calidade.

Tamén realizamos cursos de formación para cultivar e producir té no noso territorio.

Areeiro é a marca que asegura un produto da nosa provincia con garantía de calidade.