Adopción >> Historia Detalles

A historia de Terra

Terra é unha das cadelas da camada de catro cachorros que a Garda Civil de Caldas de Reis localizou no interior dun colector no lugar do Monte, na parroquia de Deiro (Vilanova de Arousa), con apenas horas de vida, e os trasladou ao CAAN. O persoal do Centro de Acollida e Protección de Aniamis (CAAN) consigueu estabilizala e alimentárona con biberón transalando o cachorro de noite aos seus domicilios para alimentala cada dúas ou tres horas.

A pequena cadela foi adoptada o sábado día 11, só 24 horas despois de que a presidenta da Deputación, Carmela Silva, recordara a súa historia e recuperación na comparecencia para facer balance anual do centro, na que estivo acompañada de Terra e os seus irmáns. Agora ten unha nova familia no Concello da Estrada grazas a mediación da Asociación Palleiráns.