Accesibilidad

DECLARACIÓN DE ACCESIBILIDADE

A Deputación de Pontevedra comprometeuse a facer accesible o sitio web caan.depo.gal de conformidade co Real decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Esta declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web https://caan.depo.gal/.

Situación de cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme ao contemplado no Real decreto 1112/2018, xa que recolle os requisitos de accesibilidade de prioridade 1 e 2 nivel AA.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polos seguintes motivos:

  1. Falta de conformidade co Real decreto 1112/2018
    • Pode haber erros puntuais de edición nalgunha páxina web, coma o aprazamento incorrecto de elementos, a presenza dalgunha ligazón rota, parágrafos sen o marcado correcto ou algún salto nos niveis de encabezamento [requisito número C9.2.7 Información e relacións das partes, de UNE 301549:2020].
    • Do mesmo xeito, pode haber arquivos ofimáticos en PDF ou noutros formatos que non cumpran os requisitos de accesibilidade por ter unicamente a finalidade de presentar determinada información visualmente, aínda que polo xeral se ofrece unha alternativa en texto.
  2. Carga desproporcionada. Non aplica.
  3. O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable.

Poden existir arquivos ofimáticos en PDF ou noutros formatos, publicados antes da entrada en vigor do Real decreto, que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade.

Preparación desta declaración de accesibilidade

Esta declaración elaborouse o 7 de agosto de 2020.

Para preparala a Deputación de Pontevedra levou a cabo unha autoavaliación.

Última revisión da declaración: 5 de xullo de 2022.

Observacións e datos de contacto

A través do formulario dispoñible, do teléfono +34 986 804 100 ou presencialmente no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra e no da sede de Vigo pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade do Real decreto. 1112/2018 (artigo 10.2.a) como os seguintes:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web

Estas comunicacións serán recibidas e tratadas pola Unidade Responsable de Accesibilidade da Deputación de Pontevedra.

Procedemento de aplicación

Ante as solicitudes de información accesible ou queixas desestimadas, que non obtivesen resposta no tempo adecuado ou non cumprisen os requisitos contemplados no artigo 12.5 do R. d. 1112/2018, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación.

A través desta poderá coñecer os motivos da desestimación e opoñerse a eles, instar a adopción das medidas oportunas no caso de non estar de acordo coa decisión adoptada ou expoñer as razóns polas que se considera que a resposta non cumpre cos requisitos esixidos.

Poderá exercer a reclamación a través do seguinte formulario.

As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Unidade Responsable de Accesibilidade da Deputación de Pontevedra, que lle dará resposta nun prazo de dous meses.

Contido opcional

Para cumprir os principios de accesibilidade e deseño universal, a Deputación de Pontevedra traballa para garantir que toda a cidadanía —especialmente as persoas maiores ou con algún tipo de discapacidade— poidan navegar por esta web, sen atopar dificultades de acceso, en igualdade de condicións, con independencia das súas circunstancias persoais, medios ou coñecementos.

Estándares e normativa

A política de accesibilidade aplicada pola Deputación de Pontevedra cumpre as esixencias establecidas no Real decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Na actualidade, as páxinas da web da Deputación de Pontevedra cumpren os requisitos da Norma UNE-EN 301 549:2020, considerando as excepcións do Real decreto 1112/2018, que é equivalente ao nivel AA das WCAG 2.1.

Este sitio web está optimizado para os navegadores Microsoft Internet Explorer 11.0 ou versións superiores e para as últimas versións vixentes de Firefox, Safari, Opera e Google Chrome. A resolución web mínima recomendada é de 1280 x 1024.

Os cambios de idioma identifícanse mediante a etiqueta correspondente para facilitar a tarefa de navegación con lectores de texto.

Última data de revisión do sitio web: 29 de maio de 2023.