Protección de datos
A visita aos portais da Deputación de Pontevedra efectúase de forma anónima.
As persoas usuarias soamente deberán proporcionar os seus datos persoais para poder acceder aos servizos nos que sexa necesario un trámite ou formulario específico para a súa prestación. En ningún caso esta información será obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros se non é co consentimento inequívoco da persoa afectada.
Estes datos incorporaranse ao rexistro de actividades de tratamento de datos persoais da Deputación de Pontevedra e serán manexados coa súa finalidade específica, de conformidade coa normativa básica de protección de datos, e se utilizarán, única e exclusivamente, para os fins previstos no procedemento ou a actuación de que se trate.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento e estes serán obxecto de cesión, no seu caso, unicamente previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na lexislación citada.
As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou revogar o consentimento segundo o previsto en https://depo.gal/proteccion-de-datos/exercicio-de-dereitos. Así mesmo, as persoas interesadas tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.
Para máis información e contacto coa persoa delegada de protección de datos: https://www.depo.gal/proteccion-de-datos