Campañas CAAN >> Campaña contra o abandono

Abre os ollos fronte ao abandono

Campaña contra o abandono dos animais

Campaña contra o abandono dos animais Non o abandones, identifícao, adóptao

 

 para a tenza responsable

$imagen.alt.getData()

IDENTIFICAR E REXISTRAR

ANIMAIS

É obrigatorio para todos os cans desde o ano 2002

Se todos os animais estivesen identificados NON EXISTIRÍA O ABANDONO

Permite localizar o propietario en escasos minutos 

En CAAN identifícanse con microchips todos os animais. A identificación é GRATUÍTA para os cans adoptados

DENUNCIAR CONDUTAS

IRRESPONSABLES

A meirande parte dos abandonos non son denunciados e incluso son encubertos

O abandono trae consecuencias fatais para os animais, tanto físicas coma psíquicas

O abandono pode supoñer a morte de persoas debido ós accidentes de tráfico orixinados e, no mellor dos casos, implica un custo importante
para os e as contribuíntes 

En CAAN denunciamos todas as condutas irresponsables detectadas

ESTERILIZAR OS

ANIMAIS

Evítanse camadas non desexadas

Redúcese a fuga de animais

Prevese a aparición de enfermidades 

En CAAN promóvese a esterilización dos animais adultos adoptados

ADOPTAR

ANIMAIS

É un acto solidario e responsable

Permite darlles unha vida digna ós animais abandonados

A cría irregular de animais é un dos seus maiores inimigos 

En CAAN promóvese a adopción, premiando os adoptantes coa eliminación dos CUSTOS

SEMENTAR

CONDUTAS RESPONSABLES

Inculcar condutas responsables nos e nas menores é unha medida para a erradicación a medio e longo prazo

As persoas adultas teñen a responsabilidade de transmitirlles ás novas xeracións valores coma o coidado e a protección animal

CAAN desenvolve actividades de educación para a tenza responsable e a protección dos animais