Campañas CAAN >> Campaña Devólvelle a confianza

Devólvelle a confianza Campaña de rehabilitación de animais maltratados

A túa implicación é fundamental na adopción de animais maltratados, favorece a súa recuperación devólvelles a confianza nas persoas

$imagen.alt.getData()

Que se pode considerar maltrato?

O maltrato inclúe todas aquelas accións nas que se provoca dano ou sufrimento, tanto físico coma psíquico.

Os casos máis graves de maltrato aos animais están asociados a lesións físicas, mais é erróneo interpretar que o maltrato inclúe só estas situacións. É preciso tamén ter en conta factores coma o estado de saúde ou as emocións e sentimentos dos animais.

Tanto os danos físicos coma os emocionais precisan de tratamento veterinario, pero tamén de moita implicación por parte das persoas coidadoras e futuras propietarias, xa que a total rehabilitación dos animais depende delas en gran medida.

A atención, coidado e custodia dos animais maltratados que son retirados ou incautados polas autoridades son algunhas das funcións máis complexas e importantes que teñen que asumir os refuxios e centros de recollida, xa que o seu labor e fundamental na recuperación e reinserción.

O CAAN tamén desenvolve un papel fundamental na elaboración de informes periciais que advirten sobre o estado dos animais, os danos producidos e a súas consecuencia, e colabora coas autoridades administrativas e xudiciais na persecución do delito.

En moitas ocasións a estancia dos animais maltratados nos centros de acollida prolóngase por restricións temporais para a acollida e cesión, a causa de actuacións administrativas e xudiciais contra as persoas causantes do maltrato.

Unha vez que sexa permitida polas autoridades xudiciais, a adopción dos animais maltratados é prioritaria, xa que aqueles que presentan alteración emocionais precisasen dun ambiente estable e tranquilo que lles proporcione seguridade.

Folleto (pdf)

Ten en conta que a adopción dun animal maltratado é unha situación complexa que supón moito tempo e dedicación