Instalacións >> Descrición do centro

Descrición

As instalacións do CAAN sitúanse nunha parcela cedida pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Chan da Fonte e contan cunha superficie total de 9.800 m² e unha superficie construída de 1.505,5 m².
A distribución de estancias responde ó seguinte deseño:

  • Edificio administrativo

    Edificio administrativo
    Consta dunha sala de atención ó público que tamén funciona como gabinete do veterinario. Ten á súa disposición, ademais, equipos informáticos para xestionar todos os expedientes relacionados co centro.

  • Edificio de preparación de alimentos

    Edificio de preparación de alimentos
    Esta zona está habilitada para, por unha banda, preparar as racións de alimentos ofrecidas ós animais e, pola outra, almacenar produtos pouco voluminosos e perecedoiros.

  • Edificio de persoal e mantemento

    Edificio de persoal e mantemento
    Consta dunha zona de aseo común para todo o persoal, unha zona de vestiario para o persoal do centro, unha zona de vestiario para o persoal externo e unha zona de servizos.

  • Edificio de almacén

    Edificio de almacén
    Consta de dúas estancias separadas: estancia húmida, para o lavado e secado de equipamentos, e estancia seca, para almacenar alimento voluminoso, maquinaria e outros equipamentos.

  • Estancia de usos múltiples

    Estancia de usos múltiples
    Sala habilitada para a recepción de grupos, presentacións, obradoiros e actividades. Na aula da natureza organízanse actividades educativas para escolares co obxectivo de fomentar o respecto e o coidado dos animais.

  • Estancia de corentena

    Estancia de corentena
    Zona creada para a estancia dos cans con estado sanitario descoñecido na que son examinados polos veterinarios. Conta cun acceso exterior que impide o paso dos animais ó resto de estancias.

  • Estancia de illamento ou lazareto

    Estancia de illamento ou lazareto
    Estancia destinada ó aloxamento de cans sospeitosos ou confirmados de padecer algunha enfermidade infecciosa ou contaxiosa. Está illada do resto das instalacións e conta cun sumidoiro independente.

  • Estancia de hospitalización

    Estancia de hospitalización
    Estancia destinada ó aloxamento de animais convalecentes non portadores dunha enfermidade infecciosa, como é o caso de animais operados, feridos ou atropelados.

  • Estancia de animais perigosos

    Estancia de animais perigosos
    Estancias destinadas a animais potencialmente perigosos polo seu comportamento, tanto coas persoas coma cos animais. As instalacións permiten o illamento do animal sen necesidade do contacto directo.

  • Estancia de neonatos

    Estancia de neonatos
    Estancias destinadas ó parto e á estadía de cachorros non vacinados. As condicións de illamento impiden o contacto con outros animais, diminuíndo o risco de contaxio dos cans máis novos.

  • Estancia estándar de cánidos

    Estancia estándar de cánidos
    Estancias destinadas ó aloxamento de cans adultos ou novos xa vacinados. Constan todas elas dunha zona interior para o descanso e refuxio e dunha zona exterior na que o animal pode circular libremente.