Benvida

O abandono de animais é actualmente un problema de moi difícil solución co que se teñen que enfrontar os concellos da nosa provincia, xa que en numerosos casos os propietarios optan por abandonar os animais na vía pública, o que, ademais de evidenciar un problema de tipo humanitario, representa un grave problema de salubridade pública e seguridade viaria. A modo de exemplo podemos sinalar que no ano 2011 os cans abandonados provocaron nas estradas da provincia de Pontevedra 193 accidentes, cun balance de 3 feridos graves e 34 leves.

A necesidade de prestar adecuadamente o servizo de recollida de animais domésticos abandonados e o seu posterior traslado a un establecemento adecuado era algo que demandaban moitos dos concellos da nosa provincia como responsables desta competencia, xa que a maioría segue sen contar cos medios técnicos e económicos suficientes para asumir a realización individualizada dunha actividade que transcende o interese propio das correspondentes entidades locais.

Bienvenido

Para darlle solución a este grave problema a Deputación aprobou, o 27 de xullo de 2012, por unanimidade de todos os grupos políticos, un convenio marco de colaboración coas entidades locais da provincia cunha poboación inferior a 50.000 habitantes, no que se contempla unha delegación do exercicio das competencias municipais nesta materia a favor da institución provincial

De momento xa son 52 os concellos adheridos ó servizo provincial, que suman máis de 375.000 habitantes; o obxectivo final é darlle servizo a unha poboación de 400.000 habitantes.

Footer cans
  • Adopción

    Adopción

    Se queres adoptar ou realizar calquera trámite relacionado co CAAN visita a nosa sección "Adopción"

  • Horario de visitas

    Horario de visitas

    De luns a venres: 12.00–19.30 h
     
       
    Sábados: 11.00–14.00 h

  • Contacto

    logo contacto

    Lugar do Busto
    A Armenteira, 36637 Meis
    986 140 360 981 953 558