Instalacións >> Prezos públicos

Prezos públicos

A Deputación, facendo uso das competencias delegadas polos concellos adheridos ó convenio marco para a prestación do servizo de acollida de animais domésticos abandonados no Centro de Acollida e Protección de Animais da Armenteira, establece unha serie de tarifas pola prestación dos servizos relacionados no correspondente acordo regulador.

Están obrigadas ó pagamento do prezo público pola prestación dos servizos do CAAN as persoas físicas e xurídicas que soliciten ou resulten beneficiadas da prestación destes servizos, agás os concellos adheridos ó servizo intermunicipal.

Os tratamentos e intervencións se practican unicamente sobre animais recollidos como abandonados e/ou vagabundos, nunca sobre cans con propietario.

As tarifas fixadas pola institución provincial están expostas ó público no propio centro de acollida.

A xestora do centro é a encargada de liquidar e cobrar as tarifas establecidas, que son integramente transferidas á Tesourería da Deputación.

A xestora do centro informa por escrito a cada un dos interesados a respecto dos importes correspondentes a cada un dos servizos prestados.

No caso de servizos solicitados polo interesado o pagamento do prezo público deberá efectuarse por adiantado.

Nos servizos prestados de oficio o importe do prezo público cobraráselle ó interesado antes de retirar o animal do centro de acollida.

En calquera caso a xestora do centro deberá emitir un xustificante do pagamento do prezo público para o interesado.

 

Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, 07/03/2013, número 47, páxinas 6 a 8