Aviso legal

Aviso legal

PRIMEIRA

Os dereitos de propiedade intelectual das páxinas baixo dominios de segundo nivel "depo.gal" corresponden en exclusiva á Deputación de Pontevedra. A utilización por parte de terceiros está suxeita a autorización previa, citando a súa orixe e propiedade. Calquera utilización á marxe do exposto, incluíndo fins comerciais ou de calquera outro tipo inadecuado, infrinxen os dereitos da propiedade intelectual. O acceso e utilización da web é responsabilidade única das persoas usuarias.

SEGUNDA

Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utilizan os portais web de Deputación de Pontevedra, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal.

Para máis información diríxase á Política de cookies.

TERCEIRA

A visita aos portais da Deputación de Pontevedra efectúase de forma anónima.

As persoas usuarias soamente deberán proporcionar os seus datos persoais para poder acceder aos servizos nos que sexa necesario un trámite ou formulario específico para a súa prestación. En ningún caso esta información será obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros se non é co consentimento inequívoco da persoa afectada.

Toda a información que faciliten as persoas usuarias a través dos formularios deberá ser veraz. Para estes efectos, as persoas usuarias garanten a autenticidade de todos os datos que comuniquen. En todo caso, as persoas usuarias serán as únicas responsables das manifestacións falsas ou inexactas que realicen e dos prexuízos que lles causen á Deputación de Pontevedra ou a terceiros pola información que faciliten.

Para máis información sobre o tratamento dos seus datos persoais nas páxinas web da Deputación de Pontevedra consulte a Política de protección de datos.

CUARTA

A información contida na web ten carácter meramente orientativo e non vinculante, susceptible de modificacións en calquera momento e, en todo caso, non prevalente nin preponderante sobre os trámites e prazos contidos en calquera norma de procedemento ou de calquera outra natureza, das publicacións preceptivas ou facultativas que se deban levar a cabo no BOPPO, DOG, BOE, DOCE e outros, nin do disposto no R. d. 208/96, no que se regulan os servizos de información administrativa.

QUINTA

As ligazóns a webs de terceiros (links) non xeran ningunha responsabilidade para a Deputación Provincial de Pontevedra.

SEXTA

A Deputación advirte que o envío de correo masivo ou non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas na web dará lugar á esixencia ao remitente das posibles responsabilidades ás que houbese lugar.