Animais perdidos >> Animais perdidos - abandonados

Animais perdidos

O CAAN ten establecida unha rede de recollida de animais abandonados que finalmente serán trasladados ás súas instalacións de Meis. Unha vez no centro os seus veterinarios e traballadores encargaranse dos seus coidados e tratamentos ata que sexan recollidos polos seus propietarios. Para aqueles casos nos que o animal sexa declarado abandonado favorecerase a adopción dos animais, realizando actuacións encamiñadas á súa captación e ó mantemento dunha conduta responsable.

  • Adopción

    Se queres adoptar ou realizar calquera trámite relacionado co CAAN visita a nosa páxina de adopcións

  • Animais perdidos

    Se perdiches o teu can podes:

    • 1) Chamar o teu Concello ou á Policía Local para notificar a desaparición. Eles son os que nos dan aviso para a recollida dun can perdido e, polo tanto, os primeiros en teren constancia

    • 2) Visitar o centro para comprobar persoalmente se o teu can foi recollido

    • 3) Contactar co centro a través do teléfono fixo, no horario de visitas, ou ben mediante correo electrónico. Se o can está aquí e ten microchip chamarase por teléfono ó propietario para que acuda a recollelo. No caso de non contestar a chamada mandaráselle unha carta certificada

    • 4) Avisar noutros centros de acollida e protectoras

    • 5) Comunicarlle a perda ó teu veterinario

    •  

    Tamén podes mandar unha fotografía ou notas desde a seguinte ligazón, algo que xa fan moitos particulares para informar da perda do animal. No suposto de que estivese no CAAN poñerémonos en contacto de inmediato co propietario.

  • Que facer se atopas un animal abandonado

    Se atopas un animal abandonado poderás dirixirte ó concello ou á Policía Local da zona onde o atopaches, que será quen se encargue de canalizar o aviso ó CAAN a través das canles oficiais xa determinadas.

  • Envíanos a túa historia

    Se adoptaches unha mascota nas nosas instalacións podes contarnos a túa experiencia e enviarnos unha fotografía na seguinte ligazón.