Animais perdidos
O CAAN ten establecida unha rede de recollida de animais abandonados que finalmente serán trasladados ás súas instalacións de Meis. Unha vez no centro os seus veterinarios e traballadores encargaranse dos seus coidados e tratamentos ata que sexan recollidos polos seus propietarios. Para aqueles casos nos que o animal sexa declarado abandonado favorecerase a adopción dos animais, realizando actuacións encamiñadas á súa captación e ó mantemento dunha conduta responsable.
-
Adopción
Se queres adoptar ou realizar calquera trámite relacionado co CAAN visita a nosa páxina de adopcións
-
Animais perdidos
Se perdiches o teu can podes:
1) Chamar o teu Concello ou á Policía Local para notificar a desaparición. Eles son os que nos dan aviso para a recollida dun can perdido e, polo tanto, os primeiros en teren constancia
2) Visitar o centro para comprobar persoalmente se o teu can foi recollido
3) Contactar co centro a través do teléfono fixo, no horario de visitas, ou ben mediante correo electrónico. Se o can está aquí e ten microchip chamarase por teléfono ó propietario para que acuda a recollelo. No caso de non contestar a chamada mandaráselle unha carta certificada
4) Avisar noutros centros de acollida e protectoras
5) Comunicarlle a perda ó teu veterinario
Tamén podes mandar unha fotografía ou notas desde a seguinte ligazón, algo que xa fan moitos particulares para informar da perda do animal. No suposto de que estivese no CAAN poñerémonos en contacto de inmediato co propietario.
-
Que facer se atopas un animal abandonado
Se atopas un animal abandonado poderás dirixirte ó concello ou á Policía Local da zona onde o atopaches, que será quen se encargue de canalizar o aviso ó CAAN a través das canles oficiais xa determinadas.
-
Envíanos a túa historia
Se adoptaches unha mascota nas nosas instalacións podes contarnos a túa experiencia e enviarnos unha fotografía na seguinte ligazón.