Abre os ollos fronte ao abandono
para a tenza responsable
IDENTIFICAR E REXISTRAR
ANIMAIS
É obrigatorio para todos os cans desde o ano 2002
Se todos os animais estivesen identificados NON EXISTIRÍA O ABANDONO
Permite localizar o propietario en escasos minutos
En CAAN identifícanse con microchips todos os animais. A identificación é GRATUÍTA para os cans adoptados
DENUNCIAR CONDUTAS
IRRESPONSABLES
A meirande parte dos abandonos non son denunciados e incluso son encubertos
O abandono trae consecuencias fatais para os animais, tanto físicas coma psíquicas
O abandono pode supoñer a morte de persoas debido ós accidentes de tráfico orixinados e, no mellor dos casos, implica un custo importante
para os e as contribuíntes
En CAAN denunciamos todas as condutas irresponsables detectadas
ESTERILIZAR OS
ANIMAIS
Evítanse camadas non desexadas
Redúcese a fuga de animais
Prevese a aparición de enfermidades
En CAAN promóvese a esterilización dos animais adultos adoptados
ADOPTAR
ANIMAIS
É un acto solidario e responsable
Permite darlles unha vida digna ós animais abandonados
A cría irregular de animais é un dos seus maiores inimigos
En CAAN promóvese a adopción, premiando os adoptantes coa eliminación dos CUSTOS
SEMENTAR
CONDUTAS RESPONSABLES
Inculcar condutas responsables nos e nas menores é unha medida para a erradicación a medio e longo prazo
As persoas adultas teñen a responsabilidade de transmitirlles ás novas xeracións valores coma o coidado e a protección animal
CAAN desenvolve actividades de educación para a tenza responsable e a protección dos animais