![$imagen.alt.getData()](https://caan.depo.gal/documents/73608/1044380/EduCAANdo-carrusel.jpg/ef278c59-6ddd-451e-9aea-5841548b1091?t=1636100602072)
Sensibilizar aos cativos e cativas sobre a aventura e a responsabilidade que supón a adopción de animais é o principal obxectivo da nova campaña lanzada desde CAAN, o Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación que leva por lema "EduCAANdo".
Esta campaña ten como peza central o relato "Benvida á casa, Onza", que amosa, nunha linguaxe amena e accesible, as distintas fases do proceso de adaptación dunha cadela coa súa nova familia e que se distribuirá nos centros de Primaria da provincia.
"Benvida á casa, Onza" é un relato ilustrado con fins divulgativos que aborda estas cuestións de forma amena e cunha linguaxe accesible para a cativada e que se distribuirá nos centros de Primaria da provincia.