Adoptar é un acto solidario, xeneroso e desinteresado que permitirá:
- Mellorar a vida do animal adoptado
As persoas propietarias dos cans adoptados poden proporcionar as atencións e os coidados personalizados que un refuxio ou centro de acollida non pode asumir debido ao elevado número de animais que son recollidos diariamente - Aumentar a calidade de vida do resto dos animais abandonados
A adopción dun can posibilita que o resto de animais do refuxio teñan máis espazo e poidan recibir mellores atencións. A taxa de adopción determina a sustentabilidade dos refuxios e centros de acollida - Reducir a taxa de animais abandonados
As condicións fixadas pola adopción implican que os animais adoptados deben ser identificados e que non poden ser dedicados á cría, o que reduce de xeito exponencial o número de animais perdidos e de camadas non desexadas - Contribuír á concienciación do resto das persoas
Os feitos diarios e individuais de cada persoa son os que determinan os cambios reais na sociedade. A divulgación sobre a necesidade da adopción é igualmente un acto solidario e responsable - Emendar o dano causado pola irresponsabilidade das persoas
A adopción permite emendar parcialmente o dano que causa a man irresponsable do ser humano. Os animais domésticos foron adaptados á vida con el e, polo tanto, hoxe dependen totalmente deste e das súas decisións
¿Por qué adoptar un CAN ADULTO?
Os cans adultos xeralmente teñen un carácter máis tranquilo que os cachorros, e son infrecuentes as súas condutas e xogos destrutivos con cousas e obxectos
Os cans adultos teñen uns hábitos hixiénicos aprendidos; non é preciso educalos para que fagan as súas necesidades no lugar desexado
O seu comportamento é máis predicible, polo que é máis sinxelo coñecer a súa conduta na vida diaria e na convivencia connosco
Os custos de atención dun can adulto son menores que os dun cachorro. Durante o crecemento dun animal son moitas as necesidades que deben ser cubertas: alimentación específica, equipamento adaptado a cada fase de crecemento, revisións veterinarias máis frecuentes...