Campañas CAAN >> Campaña Está na túa man adopta

Está na túa man, adopta
$imagen.alt.getData()

Adoptar é un acto solidario, xeneroso e desinteresado que permitirá:

  • Mellorar a vida do animal adoptado
    As persoas propietarias dos cans adoptados poden proporcionar as atencións e os coidados personalizados que un refuxio ou centro de acollida non pode asumir debido ao elevado número de animais que son recollidos diariamente
  • Aumentar a calidade de vida do resto dos animais abandonados
    A adopción dun can posibilita que o resto de animais do refuxio teñan máis espazo e poidan recibir mellores atencións. A taxa de adopción determina a sustentabilidade dos refuxios e centros de acollida
  • Reducir a taxa de animais abandonados
    As condicións fixadas pola adopción implican que os animais adoptados deben ser identificados e que non poden ser dedicados á cría, o que reduce de xeito exponencial o número de animais perdidos e de camadas non desexadas
  • Contribuír á concienciación do resto das persoas
    Os feitos diarios e individuais de cada persoa son os que determinan os cambios reais na sociedade. A divulgación sobre a necesidade da adopción é igualmente un acto solidario e responsable
  • Emendar o dano causado pola irresponsabilidade das persoas
    A adopción permite emendar parcialmente o dano que causa a man irresponsable do ser humano. Os animais domésticos foron adaptados á vida con el e, polo tanto, hoxe dependen totalmente deste e das súas decisións
     

¿Por qué adoptar un CAN ADULTO?

Os cans adultos xeralmente teñen un carácter máis tranquilo que os cachorros, e son infrecuentes as súas condutas e xogos destrutivos con cousas e obxectos

Os cans adultos teñen uns hábitos hixiénicos aprendidos; non é preciso educalos para que fagan as súas necesidades no lugar desexado

O seu comportamento é máis predicible, polo que é máis sinxelo coñecer a súa conduta na vida diaria e na convivencia connosco

Os custos de atención dun can adulto son menores que os dun cachorro. Durante o crecemento dun animal son moitas as necesidades que deben ser cubertas: alimentación específica, equipamento adaptado a cada fase de crecemento, revisións veterinarias máis frecuentes...

Está na túa man Adopta