Xestión >> Prestación do servizo

Prestación do servizo

Desde o pasado 8 de abril de 2013 está a funcionar o CAAN, xestionado pola empresa estatal pública TRAGSATEC (filial de TRAGSA) e baixo a tutela da Deputación.

A empresa pública TRAGSATEC ten 22 anos de experiencia en prestación de servizos xerais vinculados ó mundo animal, a saúde pública e a temática ambiental referida á fauna. Na Comunidade Autónoma de Galicia está desenvolvendo traballos para diferentes administracións, relacionados todos eles coa protección animal, coa recollida e coa xestión de núcleos zoolóxicos. Cómpre subliñar as seguintes actuacións:

 

  • Asesoramento e colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza en diferentes aspectos da protección animal, na regulación de centros de recollida, na tramitación de subvencións e de expedientes administrativos de infracción
  • Xestión e mellora de diferentes centros de recollida de animais abandonados, incautados preventivamente pola autoridade competente
  • Xestión do Centro de Recollida de Animais Domésticos de Mougá, cunha media de entrada anual de 480 individuos e cunhas porcentaxes de adopción superiores ó 80 %
  • Participación na comisión de asesoramento para as probas de capacitación para o adestramento na Comunidade Autónoma de Galicia

 

O CAAN é un referente a nivel provincial xa que é o primeiro centro deste tipo de carácter público autorizado pola Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra.

Co CAAN o organismo provincial garante o máximo respecto ás necesidades, ó benestar e ós dereitos dos animais e adiántase ó marco xurídico solicitado na resolución de xullo de 2012 da Eurocámara.